O xoves 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares, coincidindo ademais co día internacional do cambio climático.
Neste curso 2024/25 o noso proxecto de centro leva por título "Ciencia para un futuro sostible", co que pretendemos continuar coa educación ambiental, este ano centrarémonos no coñecemento e uso da ciencia e o método científico como elemento fundamental para coidar e protexer o medio ambiente.
A investigación e innovación científica e técnica serán fundamentais para alvagardar a natureza.
Para dar inicio a este proxecto medioambiental e facer a reapertura da nosa biblioterca escolar o alumnado de 6º de EP preparou a obra de teatro "A vida", na que se fai un percorrido polas diferentes estacións do ano: verán, inverno, outono e primavera.
Ilustrmos os distintos ambientes con cadros de dúas recoñecidas pintoras: Remedios Varo e Mª Luisa Riva y Callol Muñoz.
Unha vez rematada a dramatización cantouse a canción "Emerxencia climática", trátase dunha versión dunha coñecida actual.
Para seguir traballando neste proxecto ao longo do curso cada grupo centrarase nunha temática relacionada co cambio climático e os diferentes fenómenos atmosféricos, para investigar e elaborar un traballo escrito e gráfico e a partir de xaneiro expoñelo oralmente ao resto de compañeiros e compañeiras.
- E. Infantil: o vento
-1º E. Primaria: as plantas
-2º E. Primaria: a auga
-3º E. Primaria: a primavera
-4º E. Primaria: as borrascas
-5º E. Primaria: a biomasa
-6º E. Primaria: as fontes de enerxía