sábado, 29 de outubro de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Como cada 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas e, aproveitando a ocasión, inauguramos a biblioteca do centro para este curso académico. A maiores, e dada a coincidencia do día co Día Internacional contra o Cambio Climático, centrámonos na temática medioambiental, relacionada coa nosa participación no programa Voz Natura e co noso proxecto de centro que leva por título Compromiso co medio que nos rodea.

Para a conmemoración destes días, os compañeiros e compañeiras de quinto fixéronnos partícipes da representación teatral A Terra está enfermana que abordamos a problemática real do planeta.


Pola súa banda, as alumnas e alumnos de sexto, xunto coa colaboración doutros rapaces e rapazas dos distintos cursos, interpretaron o rap A reciclaxe, no que destacamos a importancia de reducir o consumo e efectuar unha correcta e selectiva recollida dos residuos. 

Así mesmo, tamén fixemos entrega a cada curso de agasallos para promover o compromiso con esta causa e que todos e todas poidamos reducir, reutilizar, reciclar e coidar do noso planeta. A continuación podedes ver os vídeos das actividades que realizamos.




E, por se fora pouco, as pequenas e pequenos de 4º e 5º de Educación Infantil tamén tiveron unha saída ao Salón de Teatro de Lalín para desfrutar do "xornal musical" Extra! de Paco Nogueira onde se divertiron moito, cantando e bailando ao son de Paco Nogueira acompañados doutros nenos e nenas da comarca. 






Exposición 3 EP. Os anfibios

Na aula de 3º levamos tempo traballando no noso P roxecto dos ANFIBIOS , que está enmarcado dentro do Proxecto Anual de centro: "A def...