venres, 3 de novembro de 2023

Día do lector


venres, 3 de novembro, conmemoramos o Día do Lector en memoria de Xosé Neira Vilas, nado un día coma este do ano 1928 en Gres, no concello de Vila de Cruces. O académico é autor dunha das obras máis lidas das #letrasgalegas, 'Memorias dun neno labrego', editada por primeira vez na Arxentina (1961).

Para celebralo, dende os diferentes equipos, realizamos unha divertida e interesante proposta co  propósito de animar ao alumnado a coñecer o noso patrimonio literario e espertar nel o interese  pola lectura.

     

Lectura dun fragmento do libro "Memorias dun neno labrego" realizada por Alberto e Marco.


Sorteo público  o  día 3/11/2023 ás 12:40 h.
Sorte!!

                           

Rosco: Xosé Neira Vilas

As preguntas deste rosco, desde o A ao Z, coas súas respostas, foi unha proposta do alumnado de todos os cursos de Educación Infantil e Educación Primaria  do CEIP Xoaquín Loriga. Parabéns por este traballo tan interesante e co que aprendemos moito.

Reto II. Anímate a resolver este rosco e non esquezas contabilizar o tempo empregado.

                     Comezamos!

 

Esta é a proposta realizada polo alumnado do centro.

luns, 30 de outubro de 2023

Nesta semana conmemoramos o Día das Bibliotecas, coincidindo ademais co Día Internacional contra o Cambio Climático, para esta ocasión contamos coa colaboración de Miguel Agulló Canda, axente forestal do Distrito  Forestal XVI do Deza- Tabeirós. Miguel informounos sobre a necesidade de coidar e valorar as nosas especies, tanto a flora como  a fauna. As razas autóctonas aguantan as condicións climáticas da nosa zona, a chuvia, o frío, as características do terreno...Non existen fronteiras para a fauna, móvese dun lugar a outro, en función das súas necesidades, non podemos dicir que sexan exclusivas da nosa contorna. Os paxaros cando migran realizan un gran esforzo para sobrevoar longos traxectos, loitando contra o vento, a chuvia e a calor, necesitan estar sans e con estes desplazamentos veñen cargados de información para nós. O cambio climático está afectando e  confundindo aos animais e ás plantas. As estacións están modificadas, xa non son as de sempre, o mar está "enfadado", atrapa a calor e xa non a solta, esto provoca un cambio nas nubes e, polo tanto, un desxeo dos polos.
É necesario mudar as nosas prácticas de sobreexplotación dos recursos terrestres, xa que estamos poñendo en perigo a nosa propia existencia. 
Despois do parladoiro instructivo distribuímos unha bolsa con agasallos para cada curso, que contiña: un libro informativo, unhas sementes de árbores autóctonas para plantar e o cartel identificador do bancal da horta feito en madeira. Recordouse que cada clase, a partir deste momento, tiña que investigar sobre un tema medioambiental concreto, relacionado co proxecto de centro, para posteriormente elaborar un traballo escrito e gráfico que despois deberán explicar ao resto do alumnado do centro a partir do segundo trimestre.
A relación dos temas  pora cada cursos será a seguinte:
  • Infantil: os mamíferos.
  • 1º de primaria: as aves.
  • 2º de primaria: os réptiles.
  • 3º de primaria: os anfibios.
  • 4º de primaria: os peixes.
  • 5º de primaria: os invertebrados.
  • 6º de primaria: as plantas.























luns, 16 de outubro de 2023


A DAS ESCRITORAS vénse celebrando desde o ano 2016 para reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia. Cada ano, esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. Este ano, no CEIP Xoaquín Loriga, conmemoramos esta data para poñer en valor o legado literario das mulleres, tantas veces esquecidas e relegadas a un segundo plano ao longo da historia. Mulleres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas. Esa é a razón de que hoxe esteamos aquí, na nosa biblioteca, para dar visibilidade á obra de todas as escritoras e máis en profundidade as escritoras en lingua galega, xa que a escrita, dende todos os tempos, tamén ten nome de muller. Queremos enxalzar e apoiar o papel da muller na literatura e na nosa lingua. Rematamos con estes versos de Luísa Villalta , a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2024.
 “Onde nós non hai nunca outro destino
 que ser un anónimo fin
ou un glorioso comezo"
Dende o CEIP Xoaquín Loriga reclamamos un comezo glorioso, que non sexa anónimo e que a muller pronuncie o seu nome. 


Para festexar esta data tivemos o privilexio de contar coa desinteresada colaboración de Charo Golmar.  Escritora lalinense, autora de libros de poemas como "Nobelo de Luz" e "No bico do vento", co que estivemos a traballar nestas derradeiras semanas, xunto con outros libros de escritoras en lingua galega. Charo Golmar é muller,  exalumna do centro, mestra e  unha gran sedutora de palabras que, con interesante mensaxe e fondas reflexións, conquistou o noso corazón e foi quen de comunicar o sentir de todas as mulleres escritoras que se dedican a esta bonita profesión. Un pracer contar coa túa amable presenza, Charo. Moitas grazas por compartir con todos e todas un pouquiño do teu tempo.
De xeito colectivo,  todo o alumnado do centro  afondou no estudo sobre a vida e a obra destas escritoras, segundo se recolle na seguinte imaxe.


Con este bonito vídeo  presentan parte do seu traballiño.
Vídeo realizado polo alumnado do centro
Feliz Día das Escritoras!! 

venres, 6 de outubro de 2023

Estamos de volta na biblioteca escolar

Bo día familias!
Este ano escollemos como temática da biblioteca o lema "A defensa das nosas especies: o noso mellor legado" en colaboración co proxecto de Voz Natura. Todas as actividades e conmemoracións que se celebren no centro xirarán en torno a temáticas medioambientais e a defensa das especies animais, a flora e a fauna.
O día 27 de outubro farase a reapertura da biblioteca escolar cunha charla informativa sobre o medioambiente. A partir dese momento cada grupo traballará un tema diferente: plantas, invertebrados, peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos a través de exposicións orais, escritas e visuais.
Previamente a esta reapertura, o día 16 de outubro celebraremos o día das escritoras cun encontro literario coa escritora local Charo Golmar, que virá a presentarnos o seu libro de poemas "No bico do vento".

xoves, 3 de novembro de 2022

Taller Revitaliza Educación Infantil

 Ao longo do mes de novembro desenvolveranse no noso centro as actividades do Programa Revitaliza de compostaxe da Deputación de Pontevedra e o CEIDA. O programa consta de xornadas de formación para o profesorado, charlas, obradoiros e exposicións. O obxectivo deste plan é difundir a compostaxe entre os nenos e nenas dos centros escolares para concienciar sobre a necesidade de tratar o lixo de forma sostible e formalos para que respecten o  Medio Ambiente. 

Este taller ía dirixido ao alumnado de 5º e 6º de infantil, levaba por título "A tribo dos Ecobechos". Con esta proposta aprendemos o proceso de elaboración do compost  e os bichiños que trituran a materia orgánica para axudar a coidar a nosa terra.







Día do lector

O  venres, 3 de novembro, conmemoramos o Día do Lector en memoria de Xosé Neira Vilas, nado un día coma este do ano 1928 en Gres, no conc...