xoves, 25 de abril de 2019

Artur e Clementina

Hoxe, Ana e Lara tiveron a ben falarnos dun clásico das bibliotecas escolares: Artur e Clementina, traducido ao galego pola editorial Kalandraka.

Lara vainos detallando pouco a pouco a historia e mesmo foi unha pequena representación da carga física e emocional que sufría a protagonista. Pero tranquilidade! Podemos dicirvos que a historia ten un final feliz para Clementina tal e como di Ana. 

Esperemos que vos guste moito e que lle leades este libro ás máis pequenas da casa. Seguro que deste xeito estaremos máis preto de eliminar a violencia á que se ven sometidas as mulleres polo simple feito de selo!

Ata outra!



xoves, 18 de abril de 2019

As dúas casas de Alicia

A semana pasada tivemos a visita dunha famosa escritora no CEIP Xoaquín Loriga. Martina Peluso e Christelle Vallat? Non, non foron ningunha das dúas. Pero si foi a escritora encargada da tradución de "As dúas casas de Alicia" ao galego. Sabedes o seu nome? Pois non é outra que Marica Campo.

Nerea, de 1º de Primaria, coa axuda de Santi, vainos ir desvelando un pouco da historia. Ela di que lle encantou e que lle daría 5 estrelas, pero o que queremos é saber a vosa opinión! 

Aproveitade estes días para ler moito porque, como nos dixo Marica Campo, "ler é unha oportunidade de viaxar a aqueles lugares que nos imaxinemos".

Ata a semana!



Exposición 3 EP. Os anfibios

Na aula de 3º levamos tempo traballando no noso P roxecto dos ANFIBIOS , que está enmarcado dentro do Proxecto Anual de centro: "A def...