O venres, 3 de novembro, conmemoramos o Día do Lector en memoria de Xosé Neira Vilas, nado un día coma este do ano 1928 en Gres, no concello de Vila de Cruces. O académico é autor dunha das obras máis lidas das #letrasgalegas, 'Memorias dun neno labrego', editada por primeira vez na Arxentina (1961).
Para celebralo, dende os diferentes equipos, realizamos unha divertida e interesante proposta co propósito de animar ao alumnado a coñecer o noso patrimonio literario e espertar nel o interese pola lectura.
Lectura dun fragmento do libro "Memorias dun neno labrego" realizada por Alberto e Marco.