O venres, 3 de novembro, conmemoramos o Día do Lector en memoria de Xosé Neira Vilas, nado un día coma este do ano 1928 en Gres, no concello de Vila de Cruces. O académico é autor dunha das obras máis lidas das #letrasgalegas, 'Memorias dun neno labrego', editada por primeira vez na Arxentina (1961).
Para celebralo, dende os diferentes equipos, realizamos unha divertida e interesante proposta co propósito de animar ao alumnado a coñecer o noso patrimonio literario e espertar nel o interese pola lectura.
Lectura dun fragmento do libro "Memorias dun neno labrego" realizada por Alberto e Marco.
Rosco: Xosé Neira Vilas
As preguntas deste rosco, desde o A ao Z, coas súas respostas, foi unha proposta do alumnado de todos os cursos de Educación Infantil e Educación Primaria do CEIP Xoaquín Loriga. Parabéns por este traballo tan interesante e co que aprendemos moito.
Reto II. Anímate a resolver este rosco e non esquezas contabilizar o tempo empregado.
Comezamos!
Esta é a proposta realizada polo alumnado do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario