luns, 27 de maio de 2024

 


O
Día das Letras Galegas 2024 dedícase  a
 Luísa Villalta Gómez (A Coruña 1957-2004), unha figura singular e comprometida no mundo das letras. Luísa foi unha gran escritora,  recoñecida sobre todo pola súa poesía, pero  publicou tamén libros moi interesantes noutros xéneros literarios, coma o  teatro,  a novela, o ensaio... Ela era unha polígrafa das letras  que escribiu para elas, as mulleres que nacen para formarse, progresar e vivir a súa propia vida. Pero tamén escribía para eles, para os homes e as mulleres do futuro, adiantándose aos tempos que lle tocou vivir. Nos seus versos invita á rebeldía en prol das causas xustas. Nas súas colunas é crítica con todo o que acontece ao noso redor; unha visionaria que se anticipa  aos feitos e dá conta da situación de Palestina, da fractura social, da urbanización desmesurada que empeora a nosa calidade de vida, da contaminación... 
Colaborou coas accións da plataforma "Nunca Máis", xurdida tras o desastre ecolóxico provocado polo afundimento  do Prestixe, o que provocou o vertido tóxico do petróleo nas nosas costas. Ela dicía sempre: "Hai que coidar o planeta", "Hai que coidar a nosa terra". Luísa era unha muller moi sensible, cunha gran capacidade para achegarse ás persoas,  unha mestra que adoraba ao seu alumnado, ao que lle inculcaba o valor e a importancia da lectura. Animábaos a ler, para saber do pasado e protexer o futuro,  e tamén os animaba a escribir, xa que a escritura é unha forma de creación na que imaxinamos os nosos soños. 
"Luísa foise pero temos os seus pensamentos nos seus libros e neles podemos sentir a muller implicada, a valente, a escritora, violinista, profesora, pero sobre todo podemos sentir a unha muller boa". 
A todos e a todas:
"Feliz Día das Letras Galegas"
Neste cartel recollemos o programa das actividades que se levarán a cabo no noso centro e que durante a Semana das Letras nos permiten lembrar a esta escritora e traballar cos seus textos, a fin de saber máis da súa vida e da súa obra. Rematamos o xoves, 16 de maio, no salón de actos do colexio, onde se desenvolverá un programa de radio que se emitirá en directo nas ondas de Radio Lalín ese mesmo día. Logo continuaremos cun recital poético no que colabora alumnado de Educación Primaria  e como colofón, terá lugar un gran espectáculo de maxia a cargo do noso compañeiro, Manuel Carbón. Para finalizar todos interpretamos en lingua de signos a canción, "Chea de Vida" de Guadi Galego.
Compartimos nesta entrada do blog, os traballos do alumnado e outros recursos que che axudarán para afondar máis  na figura da escritora homenaxeada das Letras Galegas deste ano,  Luísa Villalta.
Este é o mural das Letras Galegas realizado polo alumnado de Ed. Infantil e 1º, 2º e 3º curso de EP.

Marcapáxinas do Día das Letras realizado por todo o alumnado do centro
Biografía de Luísa Villalta sobre os textos do "Seminario Galán"
 Traballo realizado polo alumnado de 3º ciclo de EP  
Biografía compartida polo alumnado de 4º curso para os máis pequenos,
sobre o libro de Susana Villalta, "Luísa Villalta, a nosa estrela"  

👉Enlace ao programa de Radio Lalín: "Luísa Villalta, a nosa estrela".
Algunhas fotos da celebración do Día das Letras Galegas
Recital de poesía

xoves, 9 de maio de 2024

Exposición 3 EP. Os anfibios

Na aula de 3º levamos tempo traballando no noso Proxecto dos ANFIBIOS, que está enmarcado dentro do Proxecto Anual de centro: "A defensa das nosas especies: o noso mellor legado". 
O xoves 21 foi o día de amosarlles ao resto do alumnado o resultado final. E aínda que había moitos nervios, todo saíu moi ben e conseguimos transmitir a nosa mensaxe: 
Soamente para comezar, e para que tiveran unha idea da importancia desta especie de animais, contámoslles que:

- Cumpren un importante rol ecolóxico, pois coidan da nosa saúde ao comer insectos que transmiten enfermidades como o Dengue ou a Zika.

- Contribúen ao coidado dos cultivos, pois aliméntanse de insectos que poden producir pragas.

- Son alimento para outros animais como mamíferos, aves, réptiles, peixes e incluso insectos e arañas.

- Arredor de 100 especies de anfibios son estudadas para recoñecer substancias con propiedades analxésicas, antibióticas ou con capacidades rexenerativas de extremidades.

E mellor que seguir contando, é que o vexades! Esperamos que vos guste!

Premede no seguinte enlace para poder visualizar o vídeo:

EXPOSICIÓN "OS ANFIBIOS" 3º E.P.








Obradoiro literario coa escritora Ana Meilán

 Hoxe tivo lugar no noso centro un encontro literario con  Ana Meilán, que amais de ser unha gran creadora literaria tamén é unha estupenda contadora de contos. Entusiasmáronnos os seus contos de ratiños, sereas e bruxas que levaban por título: "Quen vén esta noite?" ,"Gertrudis busca traballo" e "O que a serea esqueceu". Ata as nosas nenas e nenos tiveron a oportunidade de inventar historias nas que interviñan distintos elementos da natureza. Foi unha xornada moi creativa e motivadora.

                                        



















Parladoiro sobre o coidado da natureza

 Hoxe acompañounos Vanesa, unha axente da Garda Civil do cuartel de Lalín, para darnos unha serie de recomendacións e información en relación ao coidado da natureza. Esta xornada formativa está organizada por Voz Natura en colaboración coa Garda Civil e a Policía Nacional coa finalidade de concienciar aos  nenos e nenas sobre o respeto, a protección ambiental e a prevención de incendios forestais. 

                                    











23 de abril. Día do libro

 O 23 de abril conmemórase o Día do Libro e no colexio decidimos facer as lecturas no exterior.  Cada curso escolleu un espazo para poder gozar das lecturas ao aire libre e rodeados de natureza. Ademáis aproveitamos o día  para poñer en marcha, de novo, o Tren de Lectura, que saíu cargado de libro dende a biblioteca para que o alumnado teña a opción de ler durante o recreo no exterior  a partir de agora.









































Exposición de 2º de Educación primaria sobre a auga

Continuando coas exposicións sobre os traballos de investigación de temática medioambiental, as rapazas e rapaces de 1º de primaria fixeron ...