xoves, 9 de maio de 2024

Obradoiro sobre enxertos

 Hoxe José Licesio Lalín Villamarín, mestre xubilado que botou no noso colexio quince anos exercendo como docente, volveu ao CEIP Xoaquín Loriga para facer un obradoiro sobre enxertos. Na primeira parte do taller houbo unha explicación máis teórica, na que recordamos  conceptos como: os seres vivos e os seres inertes, as diferenzas entre as plantas herbáceas e as leñosas e sobre todo resaltou a importancia de coidar e protexer as árbores, pois proporciónannos sombra nos días calurosos , impiden a erosión do terreo e purifican o aire. A segunda parte xa foi máis práctica, centrouse nas árbores froiteiras, falounos que sempre temos que facer o enxerto entre árbores da mesma especie, por exemplo maceira con maceira ou cerdeira con cerdeira. Explicounos como se fai o enxerto, el segue o mesmo proceso que  xa facían  seu pai e seu avó. Logo, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, distribuídos en pequenos equipos intentaron seguir as súas explicacións, colleron uns paus que xa tiñan uns cortes feitos e probaron a introducir as pugas labradas, despois envolvéronas con cinta de carpinteiro e cinta aislante. Por último, saímos ao patio para facer o enxerto nas nosas pequenas árbores froiteiras que plantamos no curso pasado; empregamos trapos  para atar o enxerto, barro para tapar o corte e palla para protexelo da choiva.

Moitas grazas profe Licesio polas túas explicacións e sabios consellos.






















































Ningún comentario:

Publicar un comentario

DÍA DAS ESCRITORAS

H oxe día 17 de outubro de 2024, para conmemorar o días das escritoras, visitounos Mª Carmen Ruzo ,  e deleitounos con historias do seu libr...