luns, 30 de outubro de 2023

Nesta semana conmemoramos o Día das Bibliotecas, coincidindo ademais co Día Internacional contra o Cambio Climático, para esta ocasión contamos coa colaboración de Miguel Agulló Canda, axente forestal do Distrito  Forestal XVI do Deza- Tabeirós. Miguel informounos sobre a necesidade de coidar e valorar as nosas especies, tanto a flora como  a fauna. As razas autóctonas aguantan as condicións climáticas da nosa zona, a chuvia, o frío, as características do terreno...Non existen fronteiras para a fauna, móvese dun lugar a outro, en función das súas necesidades, non podemos dicir que sexan exclusivas da nosa contorna. Os paxaros cando migran realizan un gran esforzo para sobrevoar longos traxectos, loitando contra o vento, a chuvia e a calor, necesitan estar sans e con estes desplazamentos veñen cargados de información para nós. O cambio climático está afectando e  confundindo aos animais e ás plantas. As estacións están modificadas, xa non son as de sempre, o mar está "enfadado", atrapa a calor e xa non a solta, esto provoca un cambio nas nubes e, polo tanto, un desxeo dos polos.
É necesario mudar as nosas prácticas de sobreexplotación dos recursos terrestres, xa que estamos poñendo en perigo a nosa propia existencia. 
Despois do parladoiro instructivo distribuímos unha bolsa con agasallos para cada curso, que contiña: un libro informativo, unhas sementes de árbores autóctonas para plantar e o cartel identificador do bancal da horta feito en madeira. Recordouse que cada clase, a partir deste momento, tiña que investigar sobre un tema medioambiental concreto, relacionado co proxecto de centro, para posteriormente elaborar un traballo escrito e gráfico que despois deberán explicar ao resto do alumnado do centro a partir do segundo trimestre.
A relación dos temas  pora cada cursos será a seguinte:
  • Infantil: os mamíferos.
  • 1º de primaria: as aves.
  • 2º de primaria: os réptiles.
  • 3º de primaria: os anfibios.
  • 4º de primaria: os peixes.
  • 5º de primaria: os invertebrados.
  • 6º de primaria: as plantas.























Ningún comentario:

Publicar un comentario

Exposición 3 EP. Os anfibios

Na aula de 3º levamos tempo traballando no noso P roxecto dos ANFIBIOS , que está enmarcado dentro do Proxecto Anual de centro: "A def...