O poeta e contacontos Celsiño Fernández Sanmartín aledounos a mañá cos seus contos tradicionais ambientados na aldea. Contos do fouciño, dos ladróns, do río, do home do saco ou do corvo entretiveron ao alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria. Tamén cantaruxaron algunha cantiga e trataron de que a lígua non se enredase con trabalinguas como o da potra.
Pasárono xenial con Celsiño!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario