martes, 25 de marzo de 2025

7 de marzo: Día internacional da muller

 Xa fai 50 anos que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas estableceu o 8 de marzo como Día Internacional da Muller e no colexio quixémolo celebrar na compaña da  nutricionista local Patricia Galego García, que nos visitou para darnos un parladoiro  informativo sobre a alimentación saudable. Falounos do papel que sempre desempeñaron as mulleres ao longo da historia como coidadoras da horta, da cociña e da familia. Nomeou a mulleres cun percorrido profesional  importante que tamén loitan por establecer prácticas alimentarias sostibles, como : Esther Vivas ou Alice Waters. Comentounos  o seu proxecto empresarial "Qïchen Biocociña", onde prepara receitas e fai obradoiros con nenas e nenos interesados pola cociña  saudable. Falou das parellas perfectas e imperfectas dos alimentos, que o iogurt é mellor non tomalo cunha comida principal, e que é máis recomendable masticar a laranxa en vez de beber o zume. 

Moito aprendemos hoxe sobre os hábitos de vida saudables!!















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Exposición de 2º de Educación primaria sobre a auga

Continuando coas exposicións sobre os traballos de investigación de temática medioambiental, as rapazas e rapaces de 1º de primaria fixeron ...