Hoxe as nenas e nenas de 6º de primaria fixeron a exposición do seu traballo "As plantas" relacionado co proxecto de centro "A defensa das nosas especies: o noso mellor legado". Utilizouse a Aula da Natureza, situada na nosa fermosa carballeira como lugar de reunión para a mostra. Faláronnos da importancia tan enorme que as plantas teñen na vida do noso planeta Terra e fixéronnos mirar para a nosa carballeira ao irnos describindo as plantas e árbores que atopamos aquí. Informáronnos das plantas autóctonas ( carballos, castiñeiros, toxos...), das plantas de folla caduca ( pereira, maceira, pexegueiro ou cerdeira),das de folla perenne ( abeto, magnolio ou loureiro),das froiteiras ( amorodos, fixalis...) e as plantas con flor e sen flor( fotinia, buxo ou lila). Tamén quixeron amosarnos certas curiosidades dalgunhas plantas, coma as plantas carnívoras ou a resistencia e lonxevidade do "ginkgo biloba".Para rematar ensináronnos as súas dotes expresivas recitando algunhos poemas creados por eles e elas relacionados coas plantas.
Noraboa, moi bo traballo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario