Continuando coas exposicións sobre os traballos de investigación de temática medioambiental, as rapazas e rapaces de 1º de primaria fixeron a súa intervención ao resto dos membros do colexio do seu proxeto "A auga", coincidindo coa conmemoración do Día Mundial da Auga e destacando así a necesidade de traballar de xeito conxunto pola conservación dos glaciares para facer fronte ao cambio climático e á crise mundial da auga.
martes, 25 de marzo de 2025
Contacontos de Celsiño
O poeta e contacontos Celsiño Fernández Sanmartín aledounos a mañá cos seus contos tradicionais ambientados na aldea. Contos do fouciño, dos ladróns, do río, do home do saco ou do corvo entretiveron ao alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria. Tamén cantaruxaron algunha cantiga e trataron de que a lígua non se enredase con trabalinguas como o da potra.
Pasárono xenial con Celsiño!!
7 de marzo: Día internacional da muller
Xa fai 50 anos que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas estableceu o 8 de marzo como Día Internacional da Muller e no colexio quixémolo celebrar na compaña da nutricionista local Patricia Galego García, que nos visitou para darnos un parladoiro informativo sobre a alimentación saudable. Falounos do papel que sempre desempeñaron as mulleres ao longo da historia como coidadoras da horta, da cociña e da familia. Nomeou a mulleres cun percorrido profesional importante que tamén loitan por establecer prácticas alimentarias sostibles, como : Esther Vivas ou Alice Waters. Comentounos o seu proxecto empresarial "Qïchen Biocociña", onde prepara receitas e fai obradoiros con nenas e nenos interesados pola cociña saudable. Falou das parellas perfectas e imperfectas dos alimentos, que o iogurt é mellor non tomalo cunha comida principal, e que é máis recomendable masticar a laranxa en vez de beber o zume.
Moito aprendemos hoxe sobre os hábitos de vida saudables!!
Exposición de 2º de Educación primaria sobre a auga
Continuando coas exposicións sobre os traballos de investigación de temática medioambiental, as rapazas e rapaces de 1º de primaria fixeron ...

-
O DÍ A DAS ESCRITORAS vénse celebrando desde o ano 2016 para reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia. Cada ano,...
-
O Día das Letras Galegas 2024 dedícase a Luísa Villalta Gómez (A Coruña 1957-2004) , unha figura singular e comprometida no mundo d...