martes, 25 de marzo de 2025

Convivencia interxeracional

Unha das actividades propostas no actual proxecto de centro: Ciencia para un futuro sostible é a realización dun encontro interxeracional que se fixo realidade esta semana. 

O alumnado de 1º de primaria visitou o martes 25 a Residencia Municipal de Maiores de Vila de Cruces para presentar o seu traballo de investigación As plantas e os seus beneficios. Tamén lles contaron o conto Sete dentes de León de Ledicia Costas e acompañárono con debuxos feitos por eles mesmos. Recitaron poemas relacionados co clima. Despois fixeron un pequeno informe meteorolóxico destes primeiros meses do ano que acompañaron con refráns. Remataron cantando e bailando unha canción relacionada coas plantas. Nesta residencia Carla González ten a seu avó.
Hoxe, 26 de febreiro, o alumnado de 5º de primaria achegouse á Residencia As Dores de Lalín para expoñer o seu traballo de investigación titulado: A biomasa. Amosaron tamén as maquetas elaboradas por elas e eles mesmos, explicando como as elaboraran e incluso como funcionaba unha pequena estufa de pellets. Cantaron e bailaron unha canción  e por último, fixeron un pequeno parte meteorolóxico dos meses de xaneiro e febreiro. Nesta residencia David Vilar ten a súa bisavóa.
Nas dúas residencias as nosas rapazas e rapaces preguntáronlles aos maiores se notaran que o clima fora cambiando dende que eles eran máis xóvenes. Na residencia das Cruces a sra. María e a sra. Digna e na de Lalín o sr. Amado contestaron que antes as estacións estaban máis definidas, os invernos eran fríos, con nevadas, xeadas, e incluso había caramelos de xeo colgados das tellas e os veráns eran moi caluroso, a veces moscaban as vacas.
Todas e todos gozamos da conversa, da compañía, dos agasallos e dunha rica merendola. 
Ata pronto avoíños e avoiñas!!










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Exposición de 2º de Educación primaria sobre a auga

Continuando coas exposicións sobre os traballos de investigación de temática medioambiental, as rapazas e rapaces de 1º de primaria fixeron ...