As rapazas e rapaces de 1º de primaria fixeron a exposición do seu traballo de investigación sobre as aves. Aprendemos moito coas súas explicacións.
As aves son animais vertebrados que viven en todas as partes do mundo. Hai preto de 9.000 especies diferentes, pero todas teñen: ás, peteiro, plumas e patas. As ás ademais de permitirlles voar axúdanlle a estar quentiñas. Os seus ósos son lixeiros e os peteiros son diferentes dependendo dos alimentos que coman ( curto e delgado coma o da andoriña porque come insectos). Tragan os alimentos enteiros e poden comer: plantas, insectos, peixes, serpes e ratos. Voan batendo as súas ás de forma diferente, polo que teñen distintas ás, unhas son curtas coma as do colibrí e outras longas coma as do voitre. Hai aves que non voan coma os pingüíns, avestruces e kiwis. O oído e a vista son para elas os sentidos máis importantes. Son unhas fantásticas construtoras, fan niños de todos os tamaños e formas para poñer os ovos e chocalos, pero hai paxaros preguiceiros coma o cuco, que se aproveita doutras aves. Cando chega o outono hai aves que migran en bandadas na procura dun mellor clima, e fano voando en forma de "V".
Desafortunadamente, as enfermidades, os refugallos ambientais, os incendios, a contaminación mariña, o quentamento global e a deforestación contribúen á disminución de aves, por iso entre todas e todos temos que coidar delas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario