xoves, 9 de maio de 2024

Exposición 2º EP. Os réptiles

 Hoxe as nenas e nenos de 2º de primaria amosáronnos os seus coñecementos sobre os réptiles, froito do seu proxecto de investigación . Primeiro dixéronnos proveñen dos dinosaurios, que son vertebrados, que posúen escamas ( duras coma o caracol, brandas coma a serpe e con espiñas coma a iguana), teñen o sangue frío e desprázanse reptando. En segundo lugar falaron que existen unhas oito mil especies diferentes e que se clasifican en :

  • réptiles de cuncha,
  • lagartos e serpes
  • crocodílicos
Tamén nos comunicaron que son ovíparos , que viven en todas as partes do mundo e na súa maioría son carnívoros.
Remataron informándonos de que unha de cada cinco especies de réptiles están en perigo de extinción.




























Ningún comentario:

Publicar un comentario

DÍA DAS ESCRITORAS

H oxe día 17 de outubro de 2024, para conmemorar o días das escritoras, visitounos Mª Carmen Ruzo ,  e deleitounos con historias do seu libr...