xoves, 9 de maio de 2024

Lecturas en familia

 Este curso voltamos a retomar a actividade Lecturas en Familia, mais desta vez relacionándoa coa temática ambiental. As distintas familias que están dispostas a acudir á clase do seu fillo ou filla para contar un conto ponse en contacto co titor ou titora e reserva unha data para visitarnos e facer a actividade grupal. Está resultando moi motivadora para todos os cursos xa que reciben con gran ilusión ás súas familias e colaboran con elas na preparación do relato e na elaboración do material.

Moitas graciñas familias por axudarnos a difundir entre os nosos cativos e cativas un pensamento medioambiental!!






















Yoli, nai de Yoana💑

O xoves,  18 de abril, desenvolveuse na nosa aula unha nova actividade de lectura en familia. Contamos coa colaboración de Yoli, nai de Yoana, que nos contou un relato moi fermoso sobre o libro de Anxo Moure  titulado, "A xacia Luviñas". Nel  recóllese a tradición oral relacionada coa Ribeira Sacra, dirixida á xente máis pequena. Gustounos moito este libro e aínda que xa sabemos moitas cousas da Ribeira Sacra, todo o que nos contou Yoli pareceunos moi interesante.

Moitas Grazas, Yoli, polos agasallos e por  compartir con nós esta experiencia tan marabillosa.

    

kj


Laura, nai de Lois

xoves, 9 de maio, a piques xa de rematar este curso, desenvolveuse na nosa aula unha  das derradeiras  actividades de lectura en familia. Laura, nai de Lois,  fixo unha lectura moi entretida do conto,O CIRRIO E O DRON. 

Unha historia moi bonita que nos relata as aventuras  dun paxariño chamado Cirrio e un dron moi curioso. Os dous querían voar polo ceo e, que pasou, lembras? 

Unha aventura que nos axuda a descubrir a natureza e aprender a convivir. Desfrutamos moito ao escoitar este relato  na voz de Laura.  Grazas, Laura, por colaborar con esta proposta do noso centro. Os nen@s e tamén os profes estamos moi agradecidos coa vosa contribución para poder levar a cabo todas estas actividades de fomento á lectura. 



E  por suposto, moitas grazas polos agasallos e por  compartir con nós  algo do teu tempo. Un pracer!👏👏

Lorena, nai de Xoán💏

O xoves, 29 de febreiro, desenvolveuse na nosa aula unha nova actividade de lectura en familia. Contamos nesta ocasión coa colaboración da nai de  Xoán, Lorena,  unha fabulosa contadora de historias que nos sorprendeu cun relato ben curioso sobre o mito da creación Maya-Quiché. 


Tamén nos levou de viaxe a Guatemala, un país moi fermoso situado en América Central, lugar de bosques e moitas árbores como o seu propio nome indica e onde conviven unhas vinte e cinco etnías, de  cultura e linguas moi diferentes.

Moitas Grazas, por  compartir con nós historias que nos gustaron moito e  quen sabe, ao mellor ata imos de excursión a Guatemala.

Lorena, Grazas!👏👏👏

Dende o colexio de Prado viaxamos ata Guatemala.

Neste PDF que moi amablemente preparou  Lorena está recollido algo do que nos  contou. 


E rematamos cun bonito agasallo, un ketchal, a ave máis fermosa do mundo rechea de lambetadas. 
😋😋 😋


Mariam, nai de Mariam💏

O xoves, 8 de febreiro, desenvolveuse na nosa aula unha nova actividade de lectura en familia. Contamos coa colaboración da nai de  Mariam, Mariam,  unha guía turística excepcional  que nos sorprendeu a todos e a todas  levándonos de viaxe a Emiratos Árabes Unidos, á súa capital Abu Dabi e á cidade turística por excelencia, Dubái. Contounos moitas cousas, falounos  da enorme riqueza que posúe este país e como pasou en  pouco máis de 60 anos, (1960-2024)  de ser pobre a ser un país enormemente rico. Alí todo o que fan, constrúen e fabrican é "o mais grande do mundo, o mellor do mundo, o máis caro do mundo....". Un exemplo desto é  a torre Burj Khalifa mide nada máis e nada menos que 828 m e ten 169 pisos. O hotel de 7 estrelas, El Burj Al Arab Jumeirah de Duba é o hotel máis lujoso do mundo e mide 321 m. E alí tamén está o centro comercial máis grande do mundo, o Dubai Mall, que se describe como unha gran cidade dentro doutra cidade.

Coñecemos o significado das cores da súa bandeira e o símbolo da victoria que a diferenza do resto do mundo tamén e máis, xa que empregan, en vez de dous, tres dedos.

A súa comida favorita é o arroz con cordeiro e os xeados, queixo, e chocolates feitos con leite de dromedario.

Mariam foi unha excelente "muderrise". 

Moitas Grazas, Mariam, por  compartir con nós esta experiencia tan impresionante!

Shukran, Mariam!👏👏👏


 
 

José Manuel, pai de Eric
No día de hoxe, desenvolveuse na nosa aula unha nova actividade de lectura en familia. Contamos coa colaboración de José Manuel, pai de Eric, que engaiolou a todos e a todas cun relato ben fermoso, titulado, "La escuela de los animales". Con el aprendemos que as persoas, coma os animais deste conto, temos habilidades pero tamén temos moitas limitacións e non podemos ser os mellores en todo. Por iso debemos aceptarnos como somos, e do mesmo xeito aceptar aos demais porque as diferenzas suman e medrar respectando  á diversidade enriquécenos como persoas.  
Tamen nos contou moitas cousas interesantes sobre a historia das Illas Canarias, dos volcáns, da paisaxe, das súas praias, da gastronomía e  dos habitantes destas Illas e os seus costumes e tradicións. En fin, que aprendemos moito con el  e desfrutamos enormemente con todo o que nos contou. Moitas Grazas, José Manuel e tamén Mª del Carmen por  compartir con nós esta experiencia tan marabillosa.
Grazas, José Manuel!👏👏👏


Un agasallo ben bonito!
Moitas, moitas grazas.

Elisa, nai de David💏

A mellor maneira de que os nenos e as nenas lle dean importancia á lectura,  é ver que unha persoa adulta e importante para el ou ela, tamén le. Para espertar a súa curiosidade e fomentar este hábito é necesario, pouco a pouco, ir construíndo conversacións e vivencias ao redor dos libros, que vaian vendo que ler ábreche todo un mundo de posibilidades máis aló do momento concreto da lectura. Coñecer os seus intereses facilitaranos poder ofrecer lecturas de temáticas que lles resulten máis atractivas e significativas para eles e elas. Con tal fin estase a desenvolver no noso centro a actividade de "Lectura en familia" e que en 4º curso iniciamos coa colaboración de:

Elisa García

Elisa, nai de David, fixo unha lectura dramatizada, acompañada de guiñol,  do conto, 
"As xirafas non poden bailar"
Un precioso conto que nos ensina que nunca debemos renunciar aos nosos soños, por moitos obstáculos que nos atopemos no camiño. Desfrutamos moito escoitándoa e agradecemos a súa colaboración por todo o que nos aportou.
 Grazas, Elisa!👏👏👏

👩👱👩👱👩👩👱👩👩👱👱👩👱👩👱👱👱👩👱💁

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DÍA DAS ESCRITORAS

H oxe día 17 de outubro de 2024, para conmemorar o días das escritoras, visitounos Mª Carmen Ruzo ,  e deleitounos con historias do seu libr...