Hoxe día 17 de outubro de 2024, para conmemorar o días das escritoras, visitounos Mª Carmen Ruzo, e deleitounos con historias do seu libro LELIÑA. Neste libro recréanse vivencias dunha nena de aldea, unha viaxe ao rural dos anos 60, nunha homenaxe a súa nai e á súa avoa materna Manuela, coñecida por Lela.
Durante toda a semana o alumnado estivera lendo o libro e facendo outro tipo de actividades relacionadas con esta e outras escritoras para elaborar un bookface.
Ningún comentario:
Publicar un comentario