Que rápido pasou este primeiro trimestre do curso. Xa estamos no Nadal e seguindo co obxectivo de crear unha conciencia medioambiental no noso alumnado, fixemos unha versión dunha panxoliña tradicional cunha mensaxe de respeto pola natureza e tratando de sacar o noso lado menos consumista nestas datas, polo que tamén escribimos unha carta aos Reis Magos na que os nenos e nenas só podían pedir un agasallo. Ademais, decoramos por ciclos árbores de Nadal empregando elementos naturais como: paos, piñas, follas, bugallos, anacos de madeira... Quedaron moi fermosas!
Por outro lado tamén se confeccionaron almanaques, decorados co refraneiro dos meses do ano e con debuxos dos alumnos e alumnas.
Poñémosvos a letra da panxoliña para que practiquedes o canto e para acadar o propósito diario de coidar da nosa querida nai natureza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario