Esta semana acollemos no colexio a Exposición Itinerante sobre a Senda Litoral de Galicia dirixida ao alumnado entre 8 e 12 anos. Trátase dun proxecto desenvolvido por iniciativa da Xunta de Galicia que na actualidade está impulsado pola Axencia de Turismo de Galicia. Os traballos están sendo coordinados pola Fundación Galicia Sustentable.
A Senda Litoral de Galicia ten por obxecto fomentar o descubrimento do litoral, a valorización dos recursos territoriais e a lectura das paisaxes que se van percorrendo ao londo de 1.315 quilómetros. En definitiva, este proxecto é entendido como un proceso de traballo aberto ás administracións, asociacións, entidades educativas e formativas, axentes e cidadanía en xeral do ámbito de influencia da Senda Litoral procurando valorar, divulgar e conservar o patrimonio material, inmaterial e natural do seu ámbito de influencia.
Promovendo iniciativas coma esta exposición itinerante búscase non só potenciar a marca Senda Litoral a través do fomento do coñecemento e o coidado da identidade propia coma camiño cara un desenvolvemento sustentable do territorio, senón tamén proxectar o apego e coñecemento do territorio aos visitantes e usuarios do camiño.
mmmmm
Ningún comentario:
Publicar un comentario