martes, 25 de marzo de 2025

Exposición de 1º de Educación Primaria sobre as plantas e os seus beneficios

 Para conmemorar o Día dos Humidais (2 de febreiro) hoxe comezamos coas exposicións sobre os traballos de investigación de temática medioambiental. As rapazas e rapaces de 1º de primaria fixeron a súa posta en escena ao resto do centro educativo do seu proxecto: As plantas e os seus beneficios. Despois contaron o conto de Ledicia Costas Sete dentes de león, recitaron un poema sobre o arco da vella e remataron bailando e cantando unha canción sobre as plantas.

As plantas son seres vivos que precisan: auga, terra, aire e luz do sol para vivir. Viven fixas á terra e constan de raiz, talo, pólas e follas. Cada parte realiza unha función específica e das súas flores nacen os froitos. Van sufrindo cambios ao longo das estacións do ano. Reprodúcense por sementes ou pólas. Tanto a asociación como a rotación de cultivos ofrecen moitas vantaxes na horta, xa que eliminan pragas e enfermidades. Hai estudos científicos que certifican os beneficios das plantas sobre as persoas, pois crean un ambiente acolledor e saudable, purificando o aire que respiramos.













                             

Na primeira hora da mañá fixemos un ensaio no Salón de Actos, notábase que estabamos moi inquedos e inquedas, non parabamos de movernos. Deixamos toda a concentración para o momento estelar Neste video vénsenos mellor as caras, anque se nos escoita peor.









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Exposición de 2º de Educación primaria sobre a auga

Continuando coas exposicións sobre os traballos de investigación de temática medioambiental, as rapazas e rapaces de 1º de primaria fixeron ...