Para comemorar o Día Mundial da Enerxía hoxe continuamos coas exposicións sobre os traballos de investigación de temática medioambiental. As rapazas e rapaces de 5º de primaria fixeron a súa posta en escena ao resto do centro educativo do seu proxecto: A biomasa. Acompañaron a exposición con varias maquenas elaboradas por eles mesmos e remataron cantando e bailando unha canción.
A biomasa defínese como a fracción biodegradable dos produtos, residuos e desfeitos de orixe biolóxico procedentes de actividades agrarias, incluidas as sustancias de orixe vexetal,e animal, da silvicultura e das industrias relacionadas, incluidas a pesca e a acuicultura, así como a fracción biodegradable dos residuos, incluidos os residuos industriais e municipais de orixe biolóxico. A biomasa é, polo tanto, materia orgánica utilizada como fonte enerxética.
Ningún comentario:
Publicar un comentario