O municipio de Lalín acollerá os días 1 e 2 de febreiro unha nova edición da Feira Alvariza, Feira Internacional de Apicultura, onde participarán produtores, empresas de maquinaria e laboratorios. Nela desenvolveranse parladoiros, ponencias e actividades para o público de todas as idades.
O evento contará con un total de 60 expositores, entre eles profesionais de Portugal ou Rumanía. Na feira poderase degustar mel, platos elaborados con mel ou hidromel. Nas degustacións de cociña en vivo estarán cociñeiros locais e foráneos. No apartado de ocio, para o pequeno público haberá obradoiros de cociña ou de elaboración de candeas, unha nova Ruta das Alvarizas, visitas a todos os centros educativos do municipio e un concurso de pintura para o alumnado de 4º de primaria.
Hoxe tocoulle ao noso centro acoller a visita do apicultor local David Liñares que nos falou das abellas, estes insectos voadores que levan mais de cen millóns de anos vivindo na terra, polinizando as plantas e fabricando mel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario